Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

A MURALLA ROMANA DE LUGO

Imagen
Zona da muralla chamada "A Mosqueira" Lugo perdería a súa identidade se desaparecera a muralla romana, emblema máis representativo da nosa cidade. É unha delicia vela tan ben conservada, así como de sfrutar dela camiñando pola parte superior ao longo dos seus 2.266 m. de percorrido. Un dato moi importante que debemos coñecer é que a muralla é a única do mundo que conserva o seu percorrido enteiro, xa que noutros lugares consérvanse anacos. Pero para coñecela mellor hai que saber, tamén, certas palabras referentes ás distintas partes que a compoñen. Vexamos: - ADARVE : é o nome que recibe o paseo superior da muralla. - CUBOS :cada un dos saíntes semicirculares que ten a muralla ao longo do seu percorrido. Na actualidade consérvanse 71, sendo algúns cadrados por sucesivas remodelacións. - LENZOS : con este nome estamos a falar da parte lisa que hai entre dous cubos. Como sabemos, a muralla ten unha serie de portas que nos permiten a...