A MURALLA ROMANA DE LUGO




Zona da muralla chamada "A Mosqueira"

Lugo perdería a súa identidade se desaparecera a muralla romana, emblema máis representativo da nosa cidade. É unha delicia vela tan ben conservada, así como desfrutar dela camiñando pola parte superior ao longo dos seus 2.266 m. de percorrido. Un dato moi importante que debemos coñecer é que a muralla é a única do mundo que conserva o seu percorrido enteiro, xa que noutros lugares consérvanse anacos. Pero para coñecela mellor hai que saber, tamén, certas palabras referentes ás distintas partes que a compoñen. Vexamos:

-ADARVE: é o nome que recibe o paseo superior da muralla.


-CUBOS:cada un dos saíntes semicirculares que ten a muralla ao longo do seu percorrido. Na actualidade consérvanse 71, sendo algúns cadrados por sucesivas remodelacións.


-LENZOS: con este nome estamos a falar da parte lisa que hai entre dous cubos.

Como sabemos, a muralla ten unha serie de portas que nos permiten a entrada ao interior do casco histórico. Na actualidade hai 10 portas das que deixamos abaixo o seu nome que nos sirven de recordo.

                   
1-Porta S. Fernando. 2-Porta Falsa. 3-Porta da Estación. 4-Porta S. Pedro  5-Porta do Bispo Izquierdo. 6-Porta do Bispo Aguirre. 7-Porta Santiago. 8-Porta Miñá. 9-Porta do Bispo  Odoario. 10-Porta Nova.

Pódese pensar que a muralla sempre tivo a mesma forma coa que a coñecemos hoxe, pero non, a muralla sufriu moitas transformacións ao longo dos seus 1700 anos de exitencia. Para entendelo mellor vexamos unha recreación de como era no seu comenzo.


Vemos que na súa orixen os cubos que posúe hoxe eran torreóns de tres pisos de altura con ventás, e que posuían uns tellados parecidos aos que aparecen nos castelos dos contos de fadas e bruxas. Agora, hai que preguntarse para que construía os romanos este tipo de murallas. Pois  a resposta é sinxela: como muro defensivo ante posibles ataques doutros pobos. Os romanos tiñan todo controlado.

Outro dato de importancia e que temos que saber é que os romanos déronlle a este campamento que aquí fundaron o nome de "LVCVS AVGVSTI" que vén significar "bosque sagrado en honor a Augusto", que era o emperador romano daqueles tempos. E si temos isto en conta chegamos á conclusión de que os que na cidade vivimos chamámonos de dúas maneiras: "lugueses", que ven do actual nome de Lugo, ou ben "lucences" que neste caso ven do nome romano da cidade "Lvcvs".
Para que vexades como vestían os soldados romanos que por estas terras andiveron, tan só hai que botarlle unha ollada ao debuxo do soldado da esquerda. Hoxe en día podemos ver moitos destes traxes na festa que dende hai varios anos vense a celebrar no mes de xuño: "Arde Lvcvs"
Certo día as autoridades de Lugo tiveron a boa idea de derrubar as casas que había construídas pola parte exterior da muralla, co fin de que a mesma quedara á vista de todos, mellorando ao mesmo tempo a súa conservación. Este feito chamouse "Operación Muralla Limpa" e levouse a cabo no ano 1972. 
No seguinte enlace podemos ver fotos do mencionado derrubamento.

"OPERACIÓN MURALLA LIMPA 1972"

E xa nos queda, para rematar, ver un vídeo no que se aprecian outros cambios que sufriu a muralla ata ser como a vemos hoxe en día.








Comentarios

  1. Hola Fernando. Soy Mateo Penas. Gracias por este video, es muy chulo.

    ResponderEliminar
  2. Hola Fernando.Acabo de ver el vídeo de la muralla y me ha gustado mucho.Las fotos de hace tantos años nos ayudan a ver cómo era antes,sobre todo para los que somos pequeños.Por eso me parece interesante.A mi una de las fiestas que me gustan es el Arde Lucus y todos los años voy con el cole de castrexa.

    ResponderEliminar
  3. Hola, Lucía. Es muy bonito a la vez que interesante saber cómo era nuestra ciudad hace tantos años. Nos da una idea de cómo poco a poco se fue modernizando con el paso de los años. Me alegro que te guste.

    ResponderEliminar
  4. CIDRE SANTAMARINA

    As pedras que caeron ou se derrubaron utilizaronse para algo?????

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Cidre. Creo que a maioría aproveitáronse para reconstruir novos cubos da maralla, porque algúns estaban moi deteriorados. Alégrome de verte por aquí.

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

LOS GENTILICIOS (II)

LINGUA GALEGA 3º B

LENGUA ESPAÑOLA 3º B