LINGUA GALEGA 3º B

 

              AS ÁRBORES E OS SEUS FROITOS


Imos ver neste post algúns nomes de árbores e os seus froitos na lingua galega. Moitos dos nomes que aparecen na ficha xa os coñecedes xa que tanto algunhas desas árbores como os seus froitos estades acostumados a velas e comelos respectivamente, pero, por si acaso, témolos aquí para repasar de cando en vez. 

ÁRBORES                                       FROITO

A cerdeira................................... a cereixa  

O limoeiro.................................. o limón

A laranxeira................................ a laranxa

A maciñeira.................................a mazá   

A pereira......................................a pera    

A figueira.....................................o figo

A vide...........................................a uva

O castiñeiro.................................a castaña

O pexegueiro...............................o pexego

A nogueira...................................a noz

A ameixeira.................................a ameixa   

*Tedes que lembrar que a palabra "árbore" en galego é feminina, é dicir, que cando usamos o artigo diante temos que dicir "a árbore".   
  

              ----ooo00ooo-----               

                                           
                           A  DESCRICIÓN 

Describir é dicir como son as persoas, as cousas e todo o demáis que nos rodea: animais, plantas, obxectos, etc. Para facer unha boa descrición hai que dar detalles do que queremos describir, e dicir, do que queremos dar a coñecer. Por exemplo, si eu quero describir unha mesa teño que dicir si é alta ou baixa, grande ou pequena, de que cor é, que forma ten, etc. Cos datos que dou a persoa que me escoita dase conta de como é a mesa; é como si a estivera vendoa. Do mesmo xeito podemos describir a paisaxe que me rodea, a praia na que veraneo, a nosa casa, etc.
Esto é o que sucede moitas veces cando estamos a  ler un libro, que o escritor estanos a contar como son as personaxes, como é o lugar onde viven...A descrición axúdanos a unha mellor comprensión.

Exemplo:

Anxel estuda terceiro de primaria. Ten o cabelo rubio e rizo. Os seus ollos son castaños. É alto e forte. É traveso. Gústalle xogar cos seus amigos. 


      --------oo000oo--------


    PALABRAS POLISÉMICAS

Imos repasar algo que xa estudamos na clase e que ten un nome raro: "a polisemia". Pero como sempre vos digo, vamos a convertir a palabra rara en algo máis sinxelo, como? pois sabendo o que quere dicir.
"Polisemia" ven de "poli" que significa varios e "sema" que quere dicir significado, entón a "polisemia" vaise referir ás palabras que teñen máis dun significado. O mellor é ver algúns exemplos que nos axuden.

Rato: pode tratarse do animal, ou ben do rato d ordenador.

Banco: pode ser o banco dos cartos, o banco de sentarse, o 
             banco onde traballa un carpinteiro ou un banco de 
             peixes. 

Folla: pode ser a folla dunha árbore ou a folla dun caderno.

Carta: unha carta da baralla, unha carta que escribimos ou a
            carta dos restaurantes cos menús que teñen pra xantar.

*Lembramos: a polisemia refírese ás palabras que teñen     máis dun significado. E para que saibades máis, esta     palabra ven dos gregos. Xa vedes que entre os gregos   e  os romanos deixáronnos moitísimas palabras.

            -----oooOOOooo-----

O  ARTIGO

Ao igual que o castelán, o galego usa artigos determinados e indeterminados diante dos substantivos. Agora, imos ver os "determinados". Nos seguintes exemplos: "a nena", "o rapaz" xa os podemos ver: "a" e "o" son artigos determinados. Pero  imos ver cales son todos eles na lingua da nosa terra.

                                 masculino    feminino

           singular               O                 a

           plural                  OS               as


Vexamos uns exemplos:

-A nena leva posto un vestido precioso.

-Gústame moito o rapaz que leva a pelota na man.

-Os libros que me regalaron son unha marabilla.

-As follas das árbores son verdes na primavera.


*Hai tres que puxen en laranxa, é porque todavía imolos ver.


         Artigo indeterminado

Agora si imos ver o "artigo indeterminado" en galego. Do mesmo xeito que en lingua castelá, o “artigo indeterminado" usámolo para referirnos a persoas, animais, obxectos, etc. Non coñecidos. Por exemplo: collede un libro e poñédevos a ler. (O libro pode ser un calquera).


                                      masculino   feminino

              singular                 un             unha

              plural                    uns            unhas


Exemplos:

-Teño un libro enriba da mesa.

-O meu irmán mercoume unha pelota.

-Collede un lapis e copiade o do encerado.

-Vou mercar unhas botas de inverno. 

Aquí debaixo ides ver un vídeo coas contraccións que hai en galego. 

  


                      
----oooOOOooo----


  "UNHA POESÍA EN GALEGO"


Imos aprender esta poesía en galego.


                             María Canosa.


------ooo000ooo------

OS POSESIVOS

Aquí tedes a lista dos posesivos en galego. Lembrade que hai que usar sempre diante deles O ARTIGO.



Exemplos:

-Aquel home que ven alí é o meu pai.

-A miña nai chámase Pepa.

-As árbores do meu xardín son moi grandes.  

  

              ----oooOOOooo----


Aquí imos estudar os demostratios galegos e as contraccións que hai.

 *Fixádevos na escrita e nas contraccións.

            ----oooOOOooo----


PRONOMES PERSOAIS

Como vos dixen na clase, aquí vos deixo un vídeo cos pronomes persoais en galego



*fixádevos na escrita de "nós" e "vós", que levan acento.
 
 
                                     ----oooOOOooo----

 
Aquí podedes ver como é e como se toca o instrumento da zanfona.
 


17 DE MAIO, "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"


 


Estamos a piques de celebrar un novo Día das Letras Galegas. Cada ano se dedica a un escritor ou escritora pola súa obra. A data de celebración é o 17 de maio. O motivo desta data é porque o 17 de maio de 1863 sae publicado o libro “Cantares galegos” de Rosalía de Castro. Pero o Día das Letras Galegas celébrase dende o ano 1963Este ano, como sabedes, está dedicado a Xela Arias. Tivo unha vida curta xa que naceu no ano 1962 (Sarria) e morreu no 2003 (Vigo), polo tanto tiña tan só 41 anos. Traballou na editorial Edición Xerais de Galicia nas oficinas e máis tarde como tradutora. Dentro das súas afeccións está a poesía, sendo recoñecida como unha das poetisas máis destacadas da poesía actual galega, feito polo que lle concederon o privilexio de que este ano o Día das Letras Galegas estea dedicado a ela.


                                    ---oooOOOooo---

A festa dos "maios"

Antes de nada imos falar un pouco da festa e de porque se chama así.
Dita festa celébrase coa chegada da primavera e son moi antigas xa que celebrábanse antes da chegada dos romanos (época "prerromana"). Soen celebrarse arredor do 1 de maio e durante a súa celebración realízanse bailes, cantos e representacións arredor dos maios que consisten normalmente en figuras de árbores e outras formas, con adornos de flores, follas e froitos.
Agora déixovos aquí un vídeo acerca da festividade dos maios que se celebran en moitas localidades da nosa terra.


 
         O BOTAFUMEIRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A palabra botafumeiro significa "botador de fume" e é un dos símbolos máis coñecidos da catedral de Santiago de Compostela. Dentro del leva carbón e incienso o que ao queimarse fai que bote fume. Pesa 62 kilos e mide 1,50 metros de altura. O botafumeiro vai atado a unha corda grosa e uns homes fan que ao tirar de dita corda suba ata o teito da catedral a unha velocidade de 62 km por hora e a unha altura de 20 metros. Eses homes reciben o nome de "tiraboleiros". Para que saibades, a tradición de usar o botafumeiro ven desde o século XI (Ano 1200 en adiante).





  COÑECER GALICIA

Nos seguintes vídeos imos coñecer as "Fragas do Eume" e a "Ribeira Sacra", dous lugares que merecen a nosa visita.





*A capital da Ribeira Sacra é Monforte de Lemos.


   OS  PEREGRINOS

Aínda que o vídeo se escoita en castelán déixoo aquí dentro da materia de galego xa que falamos nesta clase dos símbolos dos peregrinos.






                                        


Comentarios

  1. Grazas, Anxo. Alégrome que che resulte interesante.

    ResponderEliminar
  2. Hola Fernando !!! Gustame moito a poesía e moi bonita e son Stella .

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Stella. Alégrome moito de que che guste a poesía. Sempre intento que vos gusten. Grazas polo comentario.

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

LOS GENTILICIOS (II)

LENGUA ESPAÑOLA 3º B