LINGUA GALEGA 4º B
ESTILO DIRECTO
Imos repasar o que é o "estilo directo" nunha conversa ou nun texto calquera. E para entendelo ben fixémonos no debuxo dos nenos que temos a esquerda. Estes nenos están a falar do que sexa dunha forma directa, é dicir o un ao outro. Isto mesmo pasa , por exemplo, cando na clase algún de vós fai unha pregunta ao profesor, pregunta directamente aquelo que quere saber ou non entende ben.
Exemplos:
-Hoxe imos repasar na clase de matemáticas a división por dúas cifras. (Iso o di o profesor aos alumnos "directamente")
-Non entendo ben a acentuación das palabras, poderías explicalas outra vez? (Isto é unha pregunta que fai o alumno "directamente" ao profesor na clase de Lingua)
ESTILO INDIRECTO
Agora imos ver o "estilo indirecto". Como xa dicimos é unha forma de contar algo de xeito indirecto, é dicir, falamos do que nos dixo outra ou outras persoas. No debuxo, o neno pode estar dicíndolle á profesora: "Os meus pais queren falar contigo o vindeiro día de titoría". Neste caso o neno está a contarlle á profesora o que lle dixeron os seus pais: pedir una cita de titoría.
Outro exemplo:
-O meu pai sempre me di que teño que ser ordenado en todo aquelo que faga. (Neste exemplo o neno conta aos compañeiros o que lle dí o seu pai que faga).
Comentarios
Publicar un comentario